Empezamos a tempada cun evento moi especial, a voda de AM&J, no Pazo de Santa Teresa (Redondela). Un día especial nun entorno único: un pazo, que data do século XVII e conta con amplas zonas ao aire libre, un gran comedor para eventos, piscina e aloxamento.
Para a súa celebración, AM&J decantáronse por un menú tradicional e con marcado sabor galego, onde non faltaron o polbo á feira, unha boa caldeirada de ameixas e lagostinos; e noso xarrete estufado con guarnición.
Un evento moi especial, onde non faltaron as risas e os bos momentos.
Sen dúbida, unha forma estupenda de empezar esta tempada.
Gracias aos noivos por confiar en nós.
Somos Valenciaga, somos catering