Valenciaga Catering

Valenciaga Catering - Cociña

En Valenciaga Catering, apostamos por unha cociña con identidade, moi ligada á cultura e calidade da nosa gastronomía. O noso catering conxuga sabores tradicionais, con pratos innovadores e de cociña internacional.

Apostando sempre por produtos frescos e de primeira calidade, as nosas cociñas móbiles percorren Galicia para elaborar in situ todos e cada un dos pratos que servimos nos nosos eventos.

O noso equipo de cociña traballa, día a día, para proporcionar sempre o mellor servicio no voso catering: con coidados sabores e propostas actuais.

Valenciaga Catering - Tradición e innovación

En Valenciaga Catering, cremos que cada celebración é única e especial. Gústanos crear eventos con personalidade, por iso, deseñamos menús completamente personalizados para cada evento.

Entre as nosas propostas máis tradicionais, destacan o polbo (preparado polos nosos picadores profesionais), as carnes á grella e como, non, o sabor dos nosos estufados. 

Os nosos pratos de fusión internacional, con propostas de cociña asiática, mexicana ou italiana; serán o contrapunto perfecto para calquera evento. Sabores que sorprenderán.

Valenciaga Catering - Menús especiais

Contamos cunha ampla variedade de propostas para deseñar menús á medida de cada evento, sempre adaptados aos gustos e personalidade de cada anfitrión. Así como as preferencias e necesidades de cada comensal.

Propoñemos unha selección de propostas veganas e vexetarianas, entre as que destaca o noso Wok de noodles con verduriñas e salsa de soia.

Ofrecemos menús para todo tipo de alerxias e intolerancias alimentarias.

wedding-awards-bodas.net-2023

¿Queres saber máis sobre nós ou sobre os nosos servizos?

© 2 0 2 1 . G R U P O V A L E N C I A G A

💬 ¿Falamos?