ABRIMOS FONTE VALENCIAGA

fonte-valenciaga

Tras varias semanas sen prender as nosas brasas, este domingo abrimos de novo a nosa Parrillada Fonte Valenciaga. Será unha reapertura especial, adaptada ós tempos que vivimos e as novas pautas hixiénicas e de seguridade que nos marcan as autoridades sanitarias.

Polo momento, só atenderemos pedidos para recoller no local e desfrutar na casa; e farémolo seguindo estas pautas:

📱 Chámanos cun mínimo de 15 minutos de antelación, para poder ter lista a túa encarga cando chegues ó noso local

🔥 Haberá churrasco de tenreira con patacas para todas as encargas do domingo. Pero, se prefires churrasco de porco ou chuleta, podes encargar antes de sábado a mediodía e prepararémolo para ti.

🍰 Se che apetece algo doce, poderás encargar tamén a «Tarta da avoa» da nosa Pili.

🙂 Para levar o servizo coa máxima seguridade, marcaremos unha hora para a recollida do teu pedido e non se permitirá a entrada de máis de dúas persoas simultaneamente no local.

Agardámosvos este domingo 17 de Maio, en Parrillada Fonte Valenciaga (Piñeiro). Temos moitas ganas de reencontrarnos con todos vós!

FacebookInstagram
💬 ¿Falamos?