Valenciaga Catering - Bodas

Confiar en Valenciaga Catering para o voso gran día, é apostar por un equipo disposto a escoitar todas e cada unha das vosas ideas.
Imaxina o evento perfecto. Nós encargámonos de facelo realidade.

Con máis dunha década de experiencia no sector nupcial, o noso equipo ofrece unha xestión integral do evento, para que tan só vos preocupedes do máis importante: desfrutar do gran día.

Entrantes clásicos e de vangarda,  estacións e showcooking, toques de cociña internacional, sorprendentes sorbetes e, como non, a mellor selección de mariscos, peixes e carnes. Todo pensado para deseñar menús únicos e completamente personalizados.

Valenciaga Catering - Ganadores Wedding Awards - Bodas.net
Somos Valenciaga, Somos Catering
Valenciaga Catering - Eventos sociais

Bautizos, Primeiras Comunións, aniversarios, reunións familiares e de amigos… Convertimos cada celebración nun evento especial.

Poñemos á vosa disposición un amplo abanico de posibilidades, adaptadas a cada tipo de evento. Dende as propostas máis informais ata as máis clásicas. 

¿Unha comida campestre? ¿Un evento con moita afluencia? Dispoñemos de experiencia e infraestructura para levar a cabo todo tipo de eventos. 

¡Cóntanos a túa idea! Estamos seguros de podemos facela realidade.

Valenciaga Catering - Eventos empresas - Galicia

Creamos experiencias gastronómicas orixinais e adaptadas a cada empresa. Porque sabemos o importantes que son todos os teus eventos corporativos.

Almorzos, coffee breaks, brunch, cócteis, comidas e ceas, festas de nadal, workshops… Propostas pensadas para adaptarse á filosofía de cada empresa, con opcións para todo tipo de alerxias, intolerancias e necesidades especiais.

¿Precisas un catering completo para varios días?
Rodaxes audiovisuais, congresos, cursos, retiros de empresa… En Valenciaga Catering, ofrecemos menús  variados, adaptados ás necesidades específicas de cada proxecto.

¿Queres saber máis sobre nós ou sobre os nosos servizos?

© 2 0 2 1 . G R U P O V A L E N C I A G A

FacebookInstagram

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies