
En Valenciaga Catering, contamos cun amplo equipo de traballo para sacar adiante os teus eventos. Experiencia, xuventude e profesionalidade, nunha plantilla de profesionais con sobrada traxectoria na xestión de todo tipo de eventos.
Dende os compañeiros da Oficina, que se encargarán de deseñar o evento, ata os de loxística, que procurarán que todo esté a punto no gran día. E, por suposto, todo o gran equipo de profesionais de cociña e sala, que levarán a cabo a posta en escena.
Un equipo de apaixoados do catering e os eventos, cunha única misión: que cada evento sexa único, especial e perfecto.

© 2 0 2 1 . G R U P O V A L E N C I A G A