A VODA DE A&F.J

A de A&F.J foi unha voda moi, moi especial… Eles tiñan a súa data para o ano pasado e tiveron que aprazala debido ás restriccións pola COVID-19. E, por fin, este 28 de Maio de 2021, puideron celebrar o súa voda como a ocasión o merecía. Pazo Moreira, en Ponteareas, foi o lugar elixido para […]
A VODA DE A&D

O sábado 22 de Maio, celebramos o primeiro evento ao aire libre desta tempada. Nun espazo tan impresionante como Pazo Larache, en Vilaboa, celebraron a súa voda A&D. Unha parella ben divertida que organizou un evento sorpresa moi especial, cos seus familiares e amigos. Celebraron a cerimonia á beira do mar, dentro dos xardíns do […]
O BAUTIZO DE EMMA

O 16 de Maio, celebramos o bautizo da pequena Emma, no Xantar de Pili. O primeiro bautizo desta tempada, foi un evento moi divertido, no que non faltou a boa comida. Para a súa celebración elixiron un menú composto por aperitivos clásicos, mariscos, unha estupenda merluza á romana e, como colofón, unha das nosas especilidades: […]
A VODA DE S&R

S&R celebraron a súa voda o 8 de Maio, en O Xantar de Pili, o noso restaurante en A Anllada, Cuntis. Un evento moi familiar e divertido, no que non faltaron a música e os momentos divertidos. Para a súa celebración elixiron un menú moi da nosa terra, co polbo como protagonista, e unha estupenda […]
A VODA DE A.M&J

Empezamos a tempada cun evento moi especial, a voda de AM&J, no Pazo de Santa Teresa (Redondela). Un día especial nun entorno único: un pazo, que data do século XVII e conta con amplas zonas ao aire libre, un gran comedor para eventos, piscina e aloxamento. […]
VALENCIAGA CATERING: PREMIO WEDDING AWARDS 2021

Valenciaga Catering vén de ser recoñecido nos Wedding Awards, que outorga a plataforma bodas.net, como mellor empresa de catering, por segundo ano consecutivo. Son os únicos premios do sector que se entregan en base ás opinións e valoracións de clientes reais, que contrataron os nosos servizos para os seus eventos. […]