Fai tempo que unha idea rondaba a nosa cabeza: ter a nosa propia finca para eventos. No noso pobo, o lugar onde comezamos esta aventura e de onde somos a maioría dos traballadores de catering Valenciaga. Finca Segade (Santa Baia, A Estrada), será ese lugar.

É un proxecto que nace da man de tres empresas estradenses: Grupo Valenciaga, Artesanía Maysil e Will Disco Móvil; e estará destinado á celebración de todo tipo de eventos. Poñendo énfasis, como non, no que máis nos gusta: vodas, bautizos, comunións…

Será un espazo aberto onde poderás celebrar o teu evento a medida, que conta con multitude de posibilidades: casa para acoller invitados, xardíns, unha boa zona arbolada, piscina, cancha de tenis e fútbol, zona infantil…

Valenciaga Catering - Finca Segade
Valenciaga Catering – Finca Segade

Imaxina sentirte coma na túa propia casa, sen horarios, sen limitacións de ningún tipo… Decorar o eventos ao teu gusto, bailar coa tu música preferida, desfrutar dunha boa comida preparada no momento… Un evento deseñado para ti: iso é o que terás se decides alugar Finca Segade.

Un espazo cheo de posibilidades en plena natureza, para que crees o teu evento soñado. Porque, ao aire libe ¿qué pode saír mal?