Valenciaga Catering vén de ser recoñecido nos Wedding Awards, que outorga a plataforma bodas.net, como mellor empresa de catering, por segundo ano consecutivo.
Son os únicos premios do sector que se entregan en base ás opinións e valoracións de clientes reais, que contrataron os nosos servizos para os seus eventos. Por iso, entendemos este premio, como un recoñecemento dos nosos noivos ao noso traballo e unha recompensa ao esforzo que o equipo de Valenciaga Catering realiza ao longo do ano. Por iso, non podemos máis que agradecer a todas as parellas que confiaron en nós para o seu gran día e que, ademáis, dedicaron uns minutos do seu tempo a valorarnos en bodas.net.
Aproveitamos tamén para agradecer a todo os que contaron con Carpas Galicia para os seus eventos.
E, como non, dar a noraboa a todo o equipo polo seu recoñecemento na categoría de Mellor empresa de Carpas.
Gracias por deixar nas nosas mans os vosos eventos e deixarnos demostrar, nun ano tan complicado,
que ao aire libre, nada pode saír mal.
Somos Valenciaga. Somos Catering