Grupo Valenciaga é un proxecto que comezamos no ano 2010 coa ilusión incombustible propia da mocidade.
Unha década despois, seguimos mantendo esa ilusión, e tamén a xuventude, pero podemos dicir con orgullo que contamos, ademais, coa experiencia necesaria para enfrontarnos a moitos e máis grandes retos.
«Ti dis onde, nós facemos o resto». Esa é a máxima de Grupo Valenciaga: traballamos para que a túa celebración se leve a cabo onde e cando ti queiras.