Cando comeza a asomar o bo tempo, as ganas de celebrar xuntanzas con amigos, familiares ou veciños, son cada vez maiores. Os xantares ao aire libre son sempre, máis aínda nestes tempos que corren, unha moi boa opción.

Valenciaga Catering. Eventos
Valenciaga Catering. Eventos

Dende Valenciaga Catering, queremos ofrecervos alternativas seguras e de confianza, para celebrar as vosas reunións adaptadas as novas pautas sanitarias. Os xantares ao libre permiten realizar eventos de todo tipo, evitando as aglomeracións en espazos pechados e garantindo a distancia social requerida.

Para esta tempada 2020, en Valenciaga Catering, propoñémonos facervos desfrutar coma sempre. ¿Un menú que nunca falla? Uns pinchos para abrir boca, o noso churrasco mixto, con patacas e ensalada; e unha boa sobremesa con torta, café e chupiño… Pero, ¡temos moitas máis opcións!

Consúltanos sen compromiso, para saber de primeira man todo o que podemos ofrecervos. ¿Falamos?