Catering

portada-catering
valenciaga-catering
somos-valenciaga

Somos un equipo adicado ao catering e os eventos cunha única motivación: facer realidade o teu evento soñado.

A nosa andaina comeza, no ano 2010, da man de Óscar Rivas, alma máter e artífice de Valenciaga Catering, coa ilusión incombustible propia da mocidade.

Máis dunha década despois e coa experiencia de máis dun millar de eventos ás nosas costas, seguimos mantendo a mesma ilusión e as mesmas ganas que o primeiro día.

somos-catering

En Valenciaga Catering, somos especialistas en eventos ao aire libre. Porque estamos convencidos de que, ao aire libre, nada pode saír mal.

Contamos con toda a loxística e insfraestructura necesaria para levar a cabo todo tipo de eventos. Ocupámonos de todo, para que non teñas que preocuparte por nada. Dispoñemos dun amplo abanico de posibilidades e a experiencia precisa para satisfacer cada unha das túas necesidades. 

Gústanos o que facemos, por iso, nos esforzamos para que cada celebración sexa única e inolvidable.

¡Anímate a coñecernos!

Trataremos o teu proxecto como tratamos todo o que facemos: co maior mimo do mundo.

H O R A R I O
De luns a venres, de 08:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00

O F I C I N A S
Estamos en Lugar de A Brea, 14 – A Estrada (Pontevedra)

T E L É F O N O   E   W H A T S A P P
722 324 389

E N D E R E Z O   E L E C T R Ó N I C O
info@grupovalenciaga.com

SÍGUENOS TAMÉN NAS NOSAS REDES SOCIAIS

Abrir chat
1
Escanea el código
Ola! Podemos axudarche?