Catering

Venres e vésperas de festivo: 20:30 – 00:00 | Sábado: 12:30 – 15:30 · 20:30 – 00:00 | Domingo e festivos: 12:30 – 15:30

Eu churrasco ao forno...non o como!

Especialistas en carne á grella

Fonte Valenciaga, en Piñeiro, é a nosa parrillada: un restaurante especializado en carnes á grella no que levamos traballando dende 2017.

Ofrecemos churrasco de primeira, chuletóns seleccionados e as mellores chuletas de tenreira, sempre acompañados polas nosas ensaladas e patacas recén feitas. E para pechar a experiencia, nada mellor ca os nosos postres caseiros, entre eles a xa coñecida e apreciada “Tarta da avoa de Pili”.

Se es vexetariano, tamén podes visitarnos. Previa reserva, elaboramos menús adaptados con pratos do noso propio catering, mantendo o mesmo coidado e calidade.

Realizamos  , así como menús por encarga para todo tipo de ocasións: polbo á brasa ou á feira, carnes estufadas, peixes e mariscos, entre outras opcións.

Especialidades da casa

Non pode faltar

Churrasco, chuletóns de primeria e chuletas de tenreira galega á grella.
icono-guarnicion

para acompañar

Sempre ensalada da casa e patacas galegas recén fritidas.
icono-postre

Rematamos con

Postres caseiros. Non pode faltar a marabillosa Tarta da avoa de Pili.

Opcións vexetarianas

Preparámosche propostas equilibradas e saborosas, elaboradas con produtos frescos e co mesmo coidado polo detalle que caracteriza a nosa cociña. Se o desexas, podemos adaptar menús completos previa reserva.

Maridaxe

Para acompañar as nosas carnes á grella, contamos cunha selección de viños pensada para realzar cada sabor. Poderás escoller entre referencias galegas e doutras denominacións, e recomendaremosche a maridaxe máis axeitada.

galeria-parrillada-1
galeria-parrillada-4
galeria-parrillada-5
galeria-parrillada-6
galeria-parrillada-8

CARTA

MENÚ

Churrasco de vaca, porco ou mixto + patacas fritidas + ensalada

Chuleta de tenreira + patacas fritidas + ensalada

Chuletón de tenreira + patacas fritidas + ensalada

Menú infantil (ata 11 anos)

Mesmos pratos que o menú adulto

Ovos fritidos con patacas

Menús para grupos

Mínimo de 10 persoas e reserva con 5 días de antelación. Carne a escoller con anterioridade entre richada, churrasco de tenreira, churrasco mixto ou carne ao caldeiro. Mesma carne para todos os comensais. Posibilidade de menú vexetariano.

Pinchos* + carne + postre

Pinchos* + langostinos + carne + postre

Pinchos* + bacallau á galega + carne +postre

Pinchos* + polbo á feira + carne + postre

*Pinchos: Embutidos ibéricos, empanada e lacón á galega.

Reserva mandando unha mensaxe a

Postres

Tarta xeada

Xeado de cucurucho

Queixo con marmelo

Tarta de whiskey

Filloa rechea de nata

Filloa rechea de mel

Filloa rechea de chocolate

Coulant de chocolate con xeado

Gofre con chocolate e xeado

Iogurt con noces e mel

Melocotón / Piña en almíbar

Postres caseiros

Tarta da avoa

Tarta de queixo

Flan do día

Suxerencia semanal

Variado de postres (2 persoas)

Variado de postres (3 persoas)

Variado de postres (4 persoas)

Reserva mandando unha mensaxe a

Abrir chat
1
Escanea o código
Ola! Podemos axudarche?