Catering

valenciaga-eventos

Confiar en Valenciaga Catering para o voso gran día, é apostar por un equipo disposto a escoitar todas e cada unha das vosas ideas.
Imaxina o evento perfecto. Nós encargámonos de facelo realidade.

Con máis dunha década de experiencia no sector nupcial, o noso equipo ofrece unha xestión integral do evento, para que tan só vos preocupedes do máis importante: desfrutar do gran día.

Entrantes clásicos e de vangarda,  estacións e showcooking, toques de cociña internacional, sorprendentes sorbetes e, como non, a mellor selección de mariscos, peixes e carnes. Todo pensado para deseñar menús únicos e completamente personalizados.

Valenciaga Eventos

Bautizos, Primeiras Comunións, aniversarios, reunións familiares e de amigos… Convertimos cada celebración nun evento especial.

Poñemos á vosa disposición un amplo abanico de posibilidades, adaptadas a cada tipo de evento. Dende as propostas máis informais ata as máis clásicas

¿Unha comida campestre? ¿Un evento con moita afluencia? Dispoñemos de experiencia e infraestructura para levar a cabo todo tipo de eventos. 

¡Cóntanos a túa idea! Estamos seguros de podemos facela realidade.

Creamos experiencias gastronómicas orixinais e adaptadas a cada empresa. Porque sabemos o importantes que son todos os teus eventos corporativos.

Almorzos, coffee breaks, brunch, cócteis, comidas e ceas, festas de nadal, workshops… Propostas pensadas para adaptarse á filosofía de cada empresa, con opcións para todo tipo de alerxias, intolerancias e necesidades especiais.

¿Precisas un catering completo para varios días?
Rodaxes audiovisuais, congresos, cursos, retiros de empresa… En Valenciaga Catering, ofrecemos menús  variados, adaptados ás necesidades específicas de cada proxecto.

H O R A R I O
De luns a venres, de 08:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00

O F I C I N A S
Estamos en Lugar de A Brea, 14 – A Estrada (Pontevedra)

T E L É F O N O   E   W H A T S A P P
722 324 389

E N D E R E Z O   E L E C T R Ó N I C O
info@grupovalenciaga.com

SÍGUENOS TAMÉN NAS NOSAS REDES SOCIAIS

Abrir chat
1
Escanea el código
Ola! Podemos axudarche?