Catering

En Valenciaga Catering, contamos cun amplo equipo de traballo para sacar adiante os teus eventos. Experiencia, xuventude e profesionalidade, nunha plantilla de profesionais con sobrada traxectoria na xestión de todo tipo de eventos.

Dende os compañeiros da oficina, que se encargarán de deseñar o evento, ata os de loxística, que procurarán que todo esté a punto no gran día. E, por suposto, todo o gran equipo de profesionais de cociña e sala, que levarán a cabo a posta en escena.

Un equipo de apaixoados do catering e os eventos, cunha única misión: que cada evento sexa único, especial e perfecto.

En Valenciaga Catering, apostamos por unha cociña con identidade, moi ligada á cultura e calidade da nosa gastronomía. O noso catering conxuga sabores tradicionais, con pratos innovadores e de cociña internacional.

Apostando sempre por produtos frescos e de primeira calidade, as nosas cociñas móbiles percorren Galicia para elaborar in situ todos e cada un dos pratos que servimos nos nosos eventos.

O noso equipo de cociña traballa, día a día, para proporcionar sempre o mellor servicio no voso catering: con coidados sabores e propostas actuais.

somos-valenciaga

En Valenciaga Catering, cremos que cada celebración é única e especial. Gústanos crear eventos con personalidade, por iso, deseñamos menús completamente personalizados para cada evento.

Entre as nosas propostas máis tradicionais, destacan o polbo (preparado polos nosos picadores profesionais), as carnes á grella e como, non, o sabor dos nosos estufados. 

Os nosos pratos de fusión internacional, con propostas de cociña asiática, mexicana ou italiana; serán o contrapunto perfecto para calquera evento. Sabores que sorprenderán.

Contamos cunha ampla variedade de propostas para deseñar menús á medida de cada evento, sempre adaptados aos gustos e personalidade de cada anfitrión. Así como as preferencias e necesidades de cada comensal.

Propoñemos unha selección de propostas veganas e vexetarianas, entre as que destaca o noso Wok de noodles con verduriñas e salsa de soia.

Ofrecemos menús para todo tipo de alerxias e intolerancias alimentarias.

Abrir chat
1
Escanea el código
Ola! Podemos axudarche?